Covid-19, India

As novas de hoxe 23 de abril, non poden ser máis desacougantes. A India, un país con mil e pico millóns de habitantes, está fóra de control con mais de 300.000 contaxios diarios e 2263 mortos. Aterrece escoitar e mesmo contemplar na TV a situación cada vez máis grave, cos hospitais cheos, sen medios de defensa e de subsistencia e, por riba, a queima de cadáveres. Este é soamente un exemplo do que está a pasar acotío no noso mundo pero dáme pé para escribir este apunte..


Non sei ata que punto mascarillas, cribados, PCR, vacinación etc, son efectivos. O que si está claro e que a pesares destas medidas preventivas, a diminución do número de contaxios e mortes é moi lenta comparada coa velocidade dos aumentos periódicos xeneralizados seica debidos as mutacións do bicho.


En Ferrol, en Galicia, temos unha situación privilexiada, pero non cantemos vitoria, en calquera momento pode agravarse namentres o resto do mundo siga cos contaxios. Aí temos a Francia, EEUU, Brasil, Xapón a India etc, o mundo enteiro baixo risco e números máximos.


Moito se fala da pandemia, como é lóxico, é a noticia diaria máis importante, con informacións máis ou menos cribles, aí están, por poñer un exemplo, os chamados negacionistas que sorprendentemente, negan a evidencia a pesares de máis de tres millóns e medio de mortos no mundo.


Do que non se fala, ou se fala pouco, é da orixe da pandemia.: Escapou o virus dun laboratorio accidentalmente ou foi, está sendo inoculado por alguén, xa sexa un país, un laboratorio ou un tolo, que habelos hainos, atentando contra a humanidade?. ¿Ou é que procede do espacio exterior, nestes intres que tanto se fala do alén.


De calquera xeito, insisto en algo que xa dixen outrora, non se pode entender que nos tempos que estamos a vivir, con tantos adiantos científicos, nos atopemos nunha situación tan grave como a que temos. Á hora de buscar unha explicación, non esquezamos as implicacións políticas e económicas da pandemia, a nivel mundial.


Non quero pasar por agoireiro nin pecar de catastrofismo, pero si por realista, con vacina ou sin ela, eu non lle vexo moi preto o final ao Covid-19.


A pesares do que escribo, prego a todos, o estrito cumprimento das directrices e recomendacións das autoridades, políticas e sanitarias, por este orde, como ten que ser. Non hai, nestes intres outra solución mellor.

Covid-19, India

Te puede interesar