Hostalería

|

Nunca pensara eu, na importancia tan grande que ten a hostalaría, nun país como o noso, pero a realidade está a demostrar, que hai moitas persoas que viven da actividade de restaurantes, bares, cafeterías, tascas, tabernas, “furanchos” e outras moitos negocios deste tipo; por outra banda, hai moitas outras persoas que parece que non viven sen algún destes lugares de relación social, o que da idea de que, o noso xeito de vivir, ocupa máis tempo fora, que dentro da casa. Esta maneira nosa de entender a vida pode inducir a pensar que para nós, o único importante é, “tomar o vermut”, “saír de viños” , “botar unhas cañas”, “cear fora”, etc. E así, non é de estrañar que alguén como aquel destacado político europeo dixera, referíndose aos países do sur da comunidade europea, que: “Non se pode gastar o diñeiro en copas e mulleres, e despois pedir axuda”. A min paréceme que as palabras deste señor, non se deberían entender “ao pé da letra”, se non coa intención de que non se pode malgastar. Seguramente o protagonista, todo un Presidente do Eurogrupo, coñece o noso xeito de vida e, o amigos que somos das “caralladas”, “francachelas”, “comilonas” e demais e, querería dicirnos que se debe gardar algúns cartiños no tempo das “vacas gordas”, porque, inevitablemente, han vir tamén as “vacas fracas”. Certo que non todos poden aforrar unha pequena parte dun soldo xa escaso, pero aquí, se nos deixan, facemos festa todo o ano, e claro, logo veñen os problemas. De calquera xeito, paréceme que un pouquiño de envexa o bo do señor si ten. Ou non ?

Hostalería