Eva

Vai xa para tres anos dende que nos deixou Eva, de súpeto, tal día como hoxe. A pesares do tempo transcorrido non nos afacemos a súa ausencia, cústanos moito traballo vivir sen a súa presenza. Teño que dicir que tódolos días a recordo, non en balde compartimos catro anos de noivado, cincuenta e catro de matrimonio con luces e sombras, supoño que como todos, tres fillas e catro netas.


Fillas e netas teñen a súa propia vida polo que nestes intres, tócame, aos meus anos, vivir só e a soidade non e fácil de aturar. Moito menos nestes tempos coa maldición da Covid 19 (COronaVirus Disease-2019). Non sei como lle iría a Eva con esta pandemia, penso que moi ben non a aturaría .

Non quero estenderme máis, a miña intención con este breve apunte de hoxe é, non podía ser doutro xeito, recordar á que foi miña muller durante tanto tempo e por riba, pregar a todos vos, familiares e amigos, xunto co recordo, unha oración pola súa alma neste día 21 de abril, tres anos despois do seu pasamento.


¡¡Eva, nunca te olvidaremos!!

Eva

Te puede interesar