Un río

"Os ríos saben isto;non hai présa. ¡Chegaremos alí algún día!"


A máxima de Milne está en bon proceso na vila. Tras décadas de abandono e degradación, ó río Condomiñas, fío de plata da cetárea do norte estáselle a quitar brillo.Moitas foron as persoas e colectivos que aportaron o seu traballo solidario de concienciación e acción para ter o seu entorno saudable.


A Anpa Picapeixe co seu proxecto “Auga Sinxela”, percorreu todo o seu cauce, implicando a nenos, pais e avós no coñecemento, limpeza e plantación co CEIP de árbores autóctonas nas súas beiras. Amigos dos Rios prosiguen nesa labor e instalan pontes e pasos adaptados ao contorno. O concello adecuou unha senda e o parque dos parrulos, en breve iniciará unha intervención máis ambiciosa.


¡Lástima do muiño da acea! Practicamente irrecuperable. A obriga de todos é o seu respeto, conservación e millora. Pois entre todos, Cedeira, está a gañar un río.

Un río

Te puede interesar