ESVARANDO

Pseudo– é un prefixo de orixe grega utilizado na formación de palabras co significado de ‘falso’. Así, pseudónimo, o nome ficticio utilizado, principalmente por escritores, para esconder a súa personalidade, non é outra cousa que ‘falso nome’. Vén isto a conto de que onte mesmo escoitei nun informativo televisivo o termo ‘pseudoconsulta’ referido á votación que se ten previsto levar a cabo en Catalunya a próxima fin de semana. Se o que pretendían os autores dese texto era descalificar ese proceso penso que meteron a pata ben metida. É evidente que non se trata para nada dunha falsa consulta, senón dunha consulta en toda regra –porque consulta é pedir o parecer sobre algo– da que, iso si, se pode gustar máis ou menos (ou nada), que se pode considerar de dubidosa legalidade (ou totalmente ilegal)... Falar de pseudoconsulta é peor que darlle o pésame “a un gran profesional, periodista que falleció anoche...” (sic) como fixo Sergio Ramos na gala de entrega de premios da Liga de Fútbol Profesional.

 

ESVARANDO

Te puede interesar