A felicidade

O luns estaba nun coñecido establecemento do Callao. Desde o seu primeiro andar vése as terrazas e o deambular da xente, sempre gustóume a visión dende esta xanela que é un mirador sobre a praza, máis nun día soleado. Mentres adecentaban a rebeldía das miñas canas, estaba pensando en como mídese a felicidade nun ser humano, creo que este Ferrol ateigado pola Semana Santa, á márxe de que un servidor sexa un ateo confeso, invita a iso.
Segundo a prensa económica, España ocupa o posto trinta e catro no índice mundial da felicidade. Así, mediron a nosa expectativa de vida, a percepción subxectiva que temos da felicidade e a pegada ecolóxica. Sumaron tamén o noso produto interior bruto e o noso índice de desenvolvemento humano, é dicir, se temos unha vida saudable e longa, os nosos coñecementos e o nivel de vida. Pero, en definitiva, sabemos vivir en Ferrol? Somos felices? Súa é a resposta.
 

A felicidade

Te puede interesar