CASTELAO PROSOVIÉTICO

Castelao na Unión Soviética en 1938 é unha obra necesaria do profesor Xesús Alonso Montero sobre as relacións e cercanías entre o histórico galeguista e o comunismo e nela profunda nesa relación a raíz da viaxe a URSS  no ano 38. Alén das valoracións nas que gaba esa escola de progreso social e cultural, Castelao soubo ler a necesidade, no tempo da barbarie fascista e da crack do 29, de tecer  unha ampla alianza antifascista, a fronte popular, para derrotala e construír un porvir. Actualizando esas leccións, cómpre que diante desta nova sorte de fascismo económico e social (onde perdemos dereitos e liberdades en cada consello de ministros, ou se dispara a violencia estrutural en contra da maioría social traballadora ), as esquerdas federais e soberanistas, a esquerda transformadora e anticapitalista traballemos e loitemos xuntas para construír outro mundo. Este luns, as 20:00 horas, na feira do libro, teremos  boa oportunidade para aprender da man do seu autor.

 

CASTELAO PROSOVIÉTICO

Te puede interesar