GASOLINA BARATA E CARA

Na época de aqueles grandes salvadores do Reino, encabezados por dúas grandes mentes como Felipe González e o contable bancario Carlos Solchaga, produciuse a liberización dos prezos dos carburantes. A saber: que calquera empresa distribuidora de gasolina ou gasóleo quedaba en liberdade para establecer os prezos de venda ao público. Proclamaban que os automobilistas poderían aforrar unhas pesetas da época, segundo levasen o seu coche a unha ou outra bomba de gasolina e que sería máis barata a repostaxe se non houbese empregado e enchésemos nos mesmos o depósito. Ademais dicían que se unha estación de servizo quedaba cerca dunha refinería de petróleo sería máis barato, porque non había tanto custe de transporte. O mesmo aconteceu coas compañías eléctricas e as de telefonía.

Vinte anos despois as bombas de gasolina teñen o mesmo prezo e as tarifas eléctricas son as mesmas. As distribuidoras tardan o mesmo que un suspiro en pórse de acordo e o máis lamentable é que sempre quedan como vítimas e que non poden facer nada para non subir os prezos, ben sexa polo prezo do dólar, pola caída do euro, pola inestabilidade política nos países que producen petróleo… sempre hai a quen botar a culpa e por riba: toma céntimo sanitario, implantado na época de Fraga e do cal descoñecemos a onde foi parar a súa recadación, que non impediu que agora se fale de cobrar por receita cando se vai ao médico.

Un usuario das gasolineiras propuña facer un boicot, pero iso estaría ben na capital do Reino, en Londres ou Estocolmo, pero polos territorios galaicos sería un chiste imposible, porque nin tren nin autobús supliría a necesidade de transporte, porque os seus horarios son máis turísticos que laborais, ademais de que teñen unha frecuencia horaria, de minutos non asumible por calquera que teña que acudir ao seu posto de traballo na hora establecida por contrato, e por riba son caros, moi caros.

Menos mal que o pan que comemos por aquí non se paga a referencia alemá, que se non sería xénero de xoiería e de agasallo de casamento

No territorio galaico temos as pensións máis baixas, os salaios máis exiguos, as prestacións máis ridículas, pero iso si, os carburantes están a nivel europeo, que é o que se acostuma dicir para subir os prezos dos produtos e darlle valor. Menos mal que o pan que comemos por aquí non se paga a referencia alemá, que se non sería xénero de xoiería e de agasallo de casamento.

Nas estacións de gasolina nin sequera limpan os parabrisas, pero algunhas dan puntos por repostar. Un, que é un partillo, estivo xuntando puntos nunha estación co afán de que chegado o momento me regalasen un litro de gasolina. A verdade é que ao meu ritmo de consumo, que non é pouco, tardaría tres anos en beneficiarme da oferta. Cando por fin alcancei a tan ansiada cifra no marcador e entro feliz e contento para gozar da miña litrona de gasolina, dime o encargado que a promoción acabará había dous anos, pero os tíos, seguindo orde da distribuidora, mantiñan a oferta para os pardillos como min. Non volvín máis.

GASOLINA BARATA E CARA

Te puede interesar