Migrañas

A migraña é unha desas enfermidades que, malia afectar a unha porcentaxe nada desprezable da poboación, continúa a estar pouco estudada e sen ter unha medicación efectiva. Crese froito dunha combinación de factores xenéticos e ambientais que non están claramente identificados, aínda que adoitan citarse como posibles desencadeantes as variacións nos padróns de sono, o estress, o ciclo menstrual e certos olores e alimentos. Mais nunca aparecen neste grupo os conservantes e contaminantes. Para min sono con seguridade os sulfitos, presentes no viño e en moitos dos produtos que inxerimos: galletas, zumes, precociñados... que, ás veces, descoñecemos que os levan  por estar etiquetados con códigos que van do E220 ao E228. Tamén algún peixe e marisco, á parte dos metais pesados que conteñen. 

Eu non o sabía. Descubrino casualmente, tras desaparecerme as migrañas, ao me trasladar de cidade e deixar de consumilos case a diario. A última inxesta de cigalas, hai uns meses, confirmou as miñas sospeitas. Probarei a non chupar as cabezas, que é onde se acumula o cadmio.

Migrañas

Te puede interesar