Eutanasia

|

A raíz do debate parlamentario sobre a regularización da eutanasia lin e escoitei pareceres moi dispares a respecto do dereito a decidir sobre a propia vida e creo que só desde o descoñecemento se pode afirmar que é posible levar unha existencia digna tendo dor e sendo dependente. Quen o di debería pasar unha semana nesa situación, créndoa irreversible, e despois xa falabamos. Cómpre lembrar que o que se reivindica é o recoñecemento legal dun dereito, non dun deber. Paréceme unha grande contradición manifestarse a favor da sedación dun familiar e en contra da eutanasia activa. 

A discusión sobre o asunto saca, por veces, o máis primitivo de min e lévame a pensar se non se debería restrinxir o uso de determinados dereitos a quen se manifestou en contra da súa aprobación. Talvez os representantes e votantes dalgúns partidos non deberían poder divorciarse, abortar ou facer uso do matrimonio homosexual. Desculpen a ofensa, sei que hai moita xente sensible e pro-vida, pero quero ter o dereito de morrer cando perda a capacidade de me suicidar. Os que prefiran sufrir poden facelo.

Eutanasia