CASAS MUSEO

En Celanova teñen a Casa dos Poetas, na casa natal de Curros Enríquez. En Padrón a Casa da Matanza, onde Rosalía viviu os seus últimos anos, está convertida en casa museo. O mesmo acontece coa Casa Grande de Trasalba de Ramón Otero Pedrayo, e coa casona fidalga, ao pé do río Anllóns, en Ponteceso, onde naceu Eduardo Pondal… Felizmente, a nómina de casas museo ampliouse o pasado mes coa apertura ao público da de Manuel María, en Outeiro de Rei. A Casa de Hortas, como se chamaba a casa familiar do poeta, acolle o importante legado cultural dunha das figuras máis destacadas da literatura galega. Alí están alén da súa obra, a súa magnífica biblioteca, pinturas dos máis destacados artistas galegos contemporáneos, obxectos persoais, correspondencia, manuscritos,etc. Unha homenaxe a quen fixo da literatura un vehículo de transformación social. Vendo todo aquilo pensaba, e cando en Ferrol teremos a casa museo de Carvalho Calero?

CASAS MUSEO

Te puede interesar