O libre mercado non é máis que algo que nos venden para que non se derrube o sistema capitalista, pero esquecen que non se pode tomar por parvo ao piar básico do modelo, que é quen paga. Nos meus traxectos habituais en automóbil, sempre fago gasolina na estación de servizo que sexa un céntimo máis económica, aínda que aforro sexa mínimo, pero penso que así se estimula a competencia e non con vales de compra que se quedan perdidos polos labirintos dos asentos.
Na época de bonanza das contas correntes implantouse un sistema de prezos que tanto daba seis que oitenta, con independencia de que o produto fose mellor ou peor e o caro asentouse como calidade. Un disparate da época que esperemos que se erradique cando chegue a recuperación e o sistema capitalista sexa visto doutra forma polos consumidores. Mentres tanto, seguirán aparecendo noticias que se sanciona a este ou aquel conglomerado de empresas.