Non é fácil ista cousa de gobernar, e moito menos cando non se teñen os votos necesarios para facelo. Pero é o caso que nos ocupa ós ferroláns que, canda menos, damos por sentado que o primeiro ó que teñen que amolarse os que ostentan –teóricamente— o poder é ás demandas do resto dos partidos, sexan de esquerdas ou de dereitas, para polo menos facer algo. O certo é que á oposición lle preocupa máis o feito de deixar en evidencia a precariedade diste minigrupo de goberno que procurar outras andanzas para os administrados. Pero tamén é certo que o que lle preocupa a iste minigoberno é outro tanto; é dicir, que a súa precariedade deixe en evidencia á oposición á hora de tratar de demostrar que se as cousas no van é por culpa deles. Non foi precisamente isa a teima do alcalde á hora de levar sen o mínimo consenso a tasa do saneamento ó pleno?