O procés catalán de 1934 en comparanza co procés actual

Os protagonistas do primeiro procés do 1934 son: Ángel Ossorio y Gallardo, Lluis Companys, Domingo Batet y Mestres, e ao redor destes aparecerán outros moi coñecidos ou non tanto. Non quero ser pretensioso, pois non me sinto con ganas de moitas comparanzas na historia, aínda que algo ensinan e comparanzas hainas. 

Ángel Ossorio, avogado famoso e defensor no procés de Companys, presente nos cumios da política española nos momentos máis convulsos, foi ministro da monarquía só uns meses, presidente da Real Academia da Xurisprudencia, embaixador da República en Bruselas, París e Bos Aires, onde viviu exiliado con escasezas a costa do seu traballo coa pluma. Sigo dous libros da súa autoría: Mis Memorias e Vida y Sacrificio de Companys. Lluis Companys Josver, avogado, Léder de Esquerra Republicana de Cataluña, exiliado en Francia foi preso polos nazis y entregado a Franco foi condenado a morte. protagonista principal deste Procés de Outubro-34. Batet, xeneral xefe da División de Barcelona.

Comeza a Generalitat presidida por Companys, declarando: “nós estamos aquí para defender a República non infectada de monarquismo” e esixe a posta en práctica da Lei de Cultivos, anulada polo Tribunal de Garantía da República. Sigue o problema do tropezo en Madrid da implantación do Estatuto. Todo isto nun ambiente de política miserenta do Bienio Negro. Algo de comparanza ten co actual, como é o “referendum” e a apelación dos Estatutos con un goberno de Rajoi, torpe e negado para o diálogo. Sigue unha manifestación de 300.000 persoas, “no son multitud circunstancial sino la ciudadanía cívica de la democracia catalana”, di Companys.

Neste ambiente de deterioro democrático da República no Bienio Negro, o 5 de outubro de 1934, ás 8 da noite, no balcón da praza chea de xente, Companys declara “El Estado catalán de la República federal española y al restablecer y fortificar la relación con los dirigentes de la protesta general contra el fascismo, les invita a establecer en Cataluña [….] el más generoso impulso de fraternidad en el común anhelo de edificar una República federal libre y magnífica”. Companys non é separatista pois non vai contra da República senón contra dun goberno alleo á convivencia democrática. Companys con seu goberno comete o grande erro de crer que en España xurdía o momento propicio para defender a República federal. O xeneral Batet é o encargado de declarar o estado de guerra en Barcelona e consigue a rendición de Companys co mínimo de baixas. 

Aquí chega Francisco Franco, asesor do ministro de guerra, Hidalgo, que viña con ganas de arrasar a rebelión e suplantar a Batet, mais este, que xa tiña liquidada a rebelión, non lle fixo caso ás súas ordes. Ten estudado Hilari Raguer, no libro “El General Batet.. Franco contra Batet: Crónica de una venganza”, que se Franco, cos seus buques de guerra e os lexionarios, faría de Barcelona a carnicería que fixeron as semanas seguintes en Asturias. Franco nunca lle perdoou a Batet este e outros desprezos até firmar a súa pena de morte executada o 18 de febreiro de 1937.

O Avogado Ossorio gaba o comportamento da rendición a tempo de Companys e o seu goberno, pois desa maniera prestaron un bo servizo a este país. Se eles non se entregan quedarían enfrontados o movemento popular revolucionario e a forza do Poder central. A guerra civil estalaría con consecuencias terríbeis para o pobo de Cataluña. O enfrontamento de Companys, emporiso, non era coa República senón co goberno central. 

Aquí xa non hai comparanza, digo eu. Que ten que ver este enfrontamento de guerra aínda que parada a tempo, co referendum actual onde se veu ás forzas públicas mallar contra xente pacífica?.

No mes de xuño celébrase a vista do xuizo ante un tribunal formado por 21 vocais, “todos eles, menos cinco, reaccionarios, incomprensivos e parciais”, o presidente, un ancián de Castellón, da corda e da política miserenta de Lerroux, Fernando Gasset. Este conxunto non ofrecía a menor garantía de xustiza. Companys tomando a palabra que lle ofrece o presidente declara: “ En nombre propio insisto en destacar mi mayor responsabilidad [...]Si aquí hay un responsable, ese soy yo. […] Ao facer referencia á Lei que deixaba en suspenso e o Estatuto de Cataluña, di: “¿Por qué se ha puesto a Catalunya fuera de la Ley y de la Constitución?”. (Resulta que aos seis meses esa lei foi declarada inconstitucional polo Tribunal de Garantías). A sentenza polo delito de rebelión militar foi de 30 anos para cada un dos trece do goberno. Só cinco vocais votaron a absolución, entre eles estaba Basilio Álvarez. 

Mandaron á prisión a todos eles uns para Cartagena e outros, entre eles Companys, para o Puerto de Santa María. Alí desenrola unha grande actividade de intercambio con miles de seguidores e escritos á prensa. Nunha das visitas que lle fixo o seu avogado e amigo, Ángel Ossorio, falan da eleccións; este dille: “non sexa que falle a Fronte Popular...”. Respóndelle Companys: ”As eleccións? As eleccións serán en toda España unha vitoria total; en Cataluña, unha avalancha”. 

Acertou. A partir do 16 de febreiro as cadeas esvaecéronse por encanto. Os responsábeis da súa detención desapareceron. Sen perder tempo Azaña de presa e ás carreiras firma o indulto dos Conselleiros da Generalitat. 

Haberá que facer máis comparanzas?

O procés catalán de 1934 en comparanza co procés actual

Te puede interesar