Primeiro de Maio

|

Viaxei a Ferrol para, ademais de dar unha voltiña, acudir á manifestación do 1º de maio, cita obrigada que debía ser para todos aqueles e aquelas que o somos ou fomos longos anos das nosas vidas. Para min, desde logo, éa e cada ano procuro estar presente aló onde estiver. Atopeime co panorama que adoita ser máis habitual: dúas manifestacións. 
Naturalmente, estiven na convocada pola CIG, o meu sindicato de sempre, porque a min non me serve iso de quedar na casa mentres os sindicatos non vaian unidos, que sempre se escoita por aí, mentres os patróns fregan as mans. A afiliación, as bases temos que pedirlles responsabilidades aos dirixentes, mais nunca co abandono. 
A participación, discrepancias á parte, é o primeiro. E nos tempos que corren máis aínda. Non me convenceron as razóns esgrimidas para ir por separado, parecéronme moito máis políticas que sindicais, mais iso non vai impedir que o ano que vén volva participar

Primeiro de Maio