Resultado

ando se planifica algunha acción, especialmente en política, adoita facerse pensando no resultado que se pode acadar. Aos independentistas cataláns parece que a súa manobra saíulles bastante ben, a xulgar pola morea de millóns que lles vai conceder o goberno español. Seica unha boa parte será dedicada a o ferrocarril de “cercanías”. Eu alédome polo pobo catalán, sen caer na mesquindade dalgún, que protestaba polo AVIA “asasino” que nos concederon aos galegos, mais penso que nós poderíamos sacar algo de proveito, se o noso presidente, o sr. Feijóo presionase ao seu Xefe de Partido ameazando con pedir a independencia, pero non para Galicia - que ninguén se alporice - porque que iso sería un pecado antiespañolista inperdoable, senón para Cataluña. Porque se lle la deran, pode que algúns millóns daqueles viñesen para os nosos inexistentes “cercanías” ou, para modernizar os trazados e os materiais dos nosos “tercermundistas trens”. Sería boa se colara, non si?    

Resultado

Te puede interesar