Nin con puntas

Os seres galaicos son pouco dados ás aventuras e á precariedade, de aí a frase célebre que din os máis vellos aos máis novas cando empregan cola en vez de poñerlle unha punta, de aí que a poboación autóctona non estea afeita a iso de realizar pactos nin alianzas. Hai alguen que recorde algunha entente galega? O normal é que AGE, conglomerado internacionalista, acabe perdendo forzas no grupo mixto, onde van parar os díscolos nacionalistas e algunha afrentada. E que se a formación non está amarada, non hai quen a manteña firme, toda vez que a lideresa marcha para Madrid, nin con cravos longos nin coa famosa cola de gran aroma. 

Nin con puntas

Te puede interesar