Rebeldes

|

o primeiro paso para eliminar un servizo público é repetir que é insostible.
O discurso nese senso sobre o servizo de axuda no fogar, xa é moi preocupante e vén de sorprendentes sectores; entre eles traballadores sociais, concelleiros de benestar social e igualdade que noutros casos abandeiran a loita polo público. Todo é inviable se non se destinan recursos suficientes para o seu mantemento e promoción, tamén os soldos dos gobernantes. A cuestión é por que nesta temática ninguén se une e pelexa de verdade contra a externalización esixindo milloras na financiación que faciliten a xestión directa polos concellos. Por que é un servizo para maiores? Por que son mulleres traballadoras as que sufren as consecuencias?
Visto o avance da privatización (San Sadurniño unese ao club) é necesario reformular a brava frase de certa líder por: “Sexamos rebeldes e reivindicativos, ata que gobernemos”. 

Rebeldes