Aniversario 80

Aló van oitenta anos do suceso máis tráxico e vergoñento da historia de España, cuxa data pasou inadvertida para a maioría, pois mesmo semella que ninguén quere se lembrar daquela desfeita; uns porque coidan que lembrar o pasado non amaña nada e outros porque non sufriron as consecuencias. Só unhas tímidas referencias, aludindo á transición e á reconciliación dos españois. Transición e reconciliación que, para sermos máis exactos, deberemos cualificar de “supostas”. Porque, dise que na transición todos cederon; e dise que houbo reconciliación. Mais a realidade é que, houbo un bando gañador e outro perdedor; e que o gañador de onte segue a ser o gañador de hoxe; e que os perdedores seguen a ser os mesmos. Tanto é así, que os gañadores chegan ao colmo, na súa soberbia, de esixir aos perdedores que lles permitan seguir gobernando para os seus petos, polo ben dunha España da que se senten donos e señores. Mais eu sigo sentíndome perdedor. E xa que logo, por que será?

Aniversario 80

Te puede interesar