Garantías

En abril do 2011, o candidato á Alcaldía de Ferrol comprometeuse perante notario a “garantizar” que todas as persoas do rural, poderían disfrutar das mesmas condicións e en igualdade de oportunidades, que as do ámbito urbano. Aquel candidato foi Alcalde con maioría absoluta, mais os veciños do rural seguen aínda hoxe como estaban. Seis anos despois e tras de moitas peticións, o Alcalde actual comprometeuse a “garantizar” a seguridade dos veciños que pasan pola Avenida de Vigo, que un día si e outro tamén, están expostos aos  innumerables perigos que provocan os camións de reparto e os automóbiles, circulando por enriba da beirarrúa a poucos centímetros dos portais das casas. O poste indicador da parada do Bus que hai diante do portal do nº 133 xa foi derrubado ata tres veces; de momento non houbo desgrazas, porén o perigo e moito. Espero que o noso anxo da garda non se canse, porque se confiamos nas garantías dos nosos políticos, aviados estamos. Abofé que si. 
 

Garantías

Te puede interesar