Pano galego e burkini

Mentres que para nós o uso do burkini representa a represión e a submisión da muller, para quen o leva é en moitos casos un pequeno chanzo na reconquista dos seus dereitos. Ese tipo de traxe de baño permitirlles acudir ás praias cun mínimo de comodidade, aumentando a súa liberdade de movementos. Prohibilo é recluílas de novo nas casas, onde o problema se ve menos, pero está aí. Aínda que nunca se sabe se é mellor normalizar esa situación ou impedila para que por fin as mulleres musulmás se rebelen contra o seu recorte de liberdades. A recente fotografía en Francia da policía indicándolle a unha muller que non podía estar vestida na praia levoume a pensar en todas as avoas que acoden cada día coa súa roupa de loito ou de loito de alivio e o seu pano na cabeza a mollar os pés nas praias da contorna, terían elas tamén que prescindir dese agradable paseo á beira do mar. Xa que, aínda que non o lembremos, van así vestidas por cuestións relixiosas e o pano na cabeza creo que non é só para o sol, se non por que o levan tamén na casa?

Pano galego e burkini

Te puede interesar