NOM TODOS SOMOS IGUAIS

Desde a chegada de Nuñez Feixoo a Xunta de Galiza, este país nom parou de retroceder em todos os ámbitos: no económico estamos sobre endebedados em limites preocupantes a pesar da destrución de emprego  no sector público. Senos dixo que tiñamos que reducir mestres, enfermeiros médicos, investigadores, funcionarios administrativos ect. Se nos repitió mil veces que tiñamos que pagar por servizos como ambulancias, medicamentos ect... xa que a crise nom deixaba mais remedio e era o único xeito de pagar as débedas, conservar os servizos públicos e o sistema de benestar. Máis parece que nom so nom pagamos as débedas senón que as quintuplicamos em sete anos de governo do PP na Xunta de Galiza, a pesar das medidas salvadoras chamadas recortes do sr. Nuñez Feixoo e os seus amigos de Madrid. 
No cultural o primeiro buque insignia da nossa cultura “a lingua Galega” retrocedeu décadas por culpa do desleixo e das leis que a están a expulsa-la de certos ámbitos da vida. Nim o Sr Iribarne se atreveu a atacar deste xeito o nosso principal valor como povo. No demográfico estamos a sufrir unha sangría de perda de capital humano por certo, o mellor preparado da historia da Galiza, sen que os nossos dirixentes tan sequera abran a boca e asi poderíamos enumerar un larga lista.
 Máis con toda seguridade  que é  a comarca de Ferrolterra a que em peor situación se atopa. Unha comarca que tras o desmantelamento do nosso principal sector produtivo, o naval, fai xa unhas décadas, nom levanta cabeza. Nos catro anos de governo do sr. Rei Varela soamente a cidade de Ferrol perdeu quase cinco mil mozos e mozas e isto por desgraza parece que non ten fin. Catro anos de governo do PP tanto na Xunta, na cidade e no estado que cadraron co fin do castigo por parte da UE e o estado Español pra poder construír barcos na antiga Astano, máis a condena continua, xa que en Astano sigue se sen poder construír barcos pola falta de interese do Estado Español ao cal parece que non lle interesa pra nada o naval civil, en definitiva non lle interesa para nada esta comarca salvo excepción, pra que os nossos mozos e mozas collan as maletas e marchen a traballar aos seus negocios do mediterráneo como mano de obra altamente cualificada e enormemente barata.
 E digo que nom todos somos iguais polo que vivimos fai unhas semanas con unha empresa do naval Electrorayma onde todos os seus traballadores despois de anos traballando, vanse pra calle xa que a contrata a colleu outra firma e esta, nom ten a obriga de collelos, mentres nas outras factorías do naval que ha polo estado adiante, existe a obriga de subrogar nestes casos aos traballadores e dizer, a nova empresa ten a obriga de incorporalos ao seu cadro de persoal. 
En definitiva vivimos en unha comarca totalmente desestructurada por decisións políticas do governo central xunto coa pasividade da Xunta de Galiza e en vez de ter un trato como tería en calquera pais do nosso entorno unha zona en declive (repito por decisións políticas tomadas em Madrid) un trato de discriminación positiva aquí é ao revés e o que acollemos é un trato de discriminación negativa.
Máis cando desde o nacionalismo se pide por exemplo, que Galiza como produtora da maior parte da  enerxía que se consume no estado teñamos unha tarifa mais barata o que as empresas paguen os tributos desta enerxía aquí na Galiza xa que, estamos a sacrificar o nosso meio ambiente, se nos di que no estado español todos somos iguais e que iso sería inxusto e nom sería solidario. 
Como tampouco é solidario que esixamos un trato xusto pra os nossos pescadores o nom é solidario que pidamos que aos nossos gandeiros lle paguen a leite igual que a outras zonas do estado. 
Tampouco deve ser moi solidario que, esixamos que o saneamento da nossa ría o pague Europa e o estado español e nom teñamos que pagar os ferroláns dúas veces máis, unha como galegos e outra como ferroláns e isto entre outras moitas coisas.
En definitiva, para certas cosas somos iguais e para as que nom somos iguais devemos ser solidarios máis como di num dos seus artigos na prensa escrita, o arquitecto e líder do BNG de Ferrol Iván Rivas “a solidariedade e algo de ida e volta” e xa está ben que a este pais e sobre todo a esta comarca, se a castigue e se a maltrate constantemente co único fin de favorecer intereses alleos a nossa terra.

NOM TODOS SOMOS IGUAIS

Te puede interesar