INCENDIOS

|

A  nosa cidade empeza a acostumarse a ter sobresaltos por mor de incendios en inmobles, ben polo seu estado, ben polo uso de electrodomésticos ou butano vinculado a persoas maiores que viven soas. A resposta da administración local vén a ser a básica: inicial presenza policial, bombeiros e acta correspondente do acontecido. Pero é evidente que isto é claramente insuficiente. Non podemos estar mes tras mes vendo como unha parte de Ferrol arde sen máis.
Quizais chegou o momento de consensuar un protocolo de actuación que teña ao Concello e movemento veciñal como garantes dunha actuación preventiva, onde haxa un censo de inmobles inseguros que requiran dunha inmediata rehabilitación ou intervención municipal, que poida ir incluso á expropiación, e pola outra, un censo real que permita asistir diariamente a persoas con dificultades ou con autonomía persoal limitada.

INCENDIOS