A depresión das Pías

exo, unha vez máis, que a cuestión da chamada depresión das Pías, tan necesaria desde o punto de vista urbanístico e social, xa que permitiría unir barrios, volve ser materia recurrente da política, neste caso a través dos congresistas de En Marea. Depresión –penso eu, como diría o sempre acertado Amadeo Varela– é que nos toca vivir a nós por estas terras, afeitas como poucas a contemplar máis que a ver como todo aquelo que lévase anos esperando segue a estar no zurrón das promesas e non dos feitos. Non lembro se xa Xaime Bello, o único alcalde do BNG que tivo Ferrol, falara xa delo, coma dín o xornal, pero si acórdome do ministro de Fomento Pepe Blanco prexurando que todo estaba xa en marcha, e mira que choveu desde entón.. E tamén a Ana Pastor, a súa sucesora, garantindo que a cousa ía vento en popa, e mira ti que non escampou. O certo é que, por un motivo ou por outro, que as cousas se fagan aquí conleva sempre un tempo excesivo. Eu talvez vexa esto das Pías. Ou non, que diría Amadeo.

A depresión das Pías

Te puede interesar