Nón ó pacto pero si á moción de censura?

Non o dou creído. Pensei que isto de que o PP sexa hoxe o partido no Goberno do país tiña que ver moito co feito da negativa de Podemos a pactar co PSOE para favorecer unha gobernabilidade precisamente allea ós populares. E resulta que agora, pasados moitos meses, pasados os tempos en que o novo Podemos veu en afastar ata non hai moito a unha das personas que penso que máis visión política e de futuro ten neste país coma é Íñigo Errejón, parece que si se tercia unha moción de censura. Onde dixe digo, dixe Diego. Ao final, polo que vexo, non hai moito de novo nestes xóves que tantas ideas teñen e que queren cambia-lo todo empezando polos pes. Será, penso eu, modestamente, que iso de facer oposición tampouco se lles da moi ben, como xa amosan onde si gobernan.

Nón ó pacto pero si á moción de censura?

Te puede interesar