Seguridade

Mergullado no mar de dúbidas en que nos ten afundido o actual Goberno español, non remato de saber a quen vai beneficiar a nova ley de seguridade civil, ou como se chame. Parece ser que vai mellorar a seguridade dos cidadáns, mais non se especifica a que cidadáns se refire. Será para defender mellor os dereitos dos traballadores a tempo parcial, aos parados e aos pensionistas? De calquera xeito, algo bo debe ter esa futura ley, pois din que os policías están contentos, xa que lles permitirá facer o seu traballo con maior facilidade e seguridade. Sendo así, deberíamos estar todos moi ledos con ese proxecto de lei, pero non faltarán os malpensados que digan que mellorará a seguridade dos cidadáns de primeira e que a cousa será moito peor para os de terceira. Da segunda categoría xa non se fala, pois dise que deses xa non queda ninguén. Se os pesimistas e agoreiros acertan, seica nos atoparíamos cunha lei represiva, defensora dos privilexios dos de sempre.

Seguridade

Te puede interesar