stamos asistindo a un sostido aumento do prezo da vivenda en alugueiro no conxunto de Galicia. É certo que Ferrol vai por detrás da media, pero non é casual que aquí haxa xa algún fondo voitre facendo acopio de inmobles.
É certo que hai un importante parque de vivenda municipal, para o cal é necesario a actualización “definitiva” do seu padrón, fixar criterios obxectivos e sustanciar dunha vez os dereitos históricos dos (poucos) propietarios de Recimil. Tamén hai vivenda da Xunta de Galicia. O normal sería unificar uns criterios obxectivos e avaliables temporalmente.
Mais a Administración Autonómica só axuda a un 20% das familias en dificultades económicas. É a única que non achega recursos propios, só xestiona os cedidos polo Goberno de España. Así mesmo, acaba de expulsar a máis persoas ao baixar en 300€ o tope de ingresos. É dicir, se vostede gaña 1076€ non ten dereito segundo a Xunta de Galicia.