É POSIBLE

En ocasións a cultura conquista as rúas da nosa cidade. Este primeiro fin de semana de setembro é un deses momentos especialmente brillantes. Recén rematadas as festas de Ferrol chegou unha convocatoria que xa é clásica. O éxito de As Meninas de Canido é incuestionable. Máis alá de calquera posible polémica cumpriu sobradamente os seus principais obxectivos. O apoio, a festa, popular está asegurada e ademais serviu como revulsivo nun barrio deprimido que se nos presenta agora como unha das zonas máis atractivas da localidade. A danza contemporánea tamén se achego a novos espazos urbanas. A Paxareira do Cantón pareceu coller vida e alento grazas ao traballo de Cristina e Rut, fermosas imaxes son testemuño diso. En breve o jazz servirá de presentación a un magnífico espazo público, o xardín traseiro do Torrente. Lugar destinado a coller protagonismo e formar parte da vida cultural urbana. Un novo Ferrol é posible.
 

É POSIBLE

Te puede interesar