VERAMENTE CERTO

Hai días que coñecín a Cristina, unha funcionaria administrativa da Xunta, onde é compañeira dun meu amigo de anos. Aínda que ambos teñen titulación superior non teñen praza de grupo A, polo que o seu día a día os obriga a relacionarse constantemente con xentes que acoden ás súa dependencias. Ela, polo que me pareceu no escaso tempo no que estivemos tomando un café, debe ser de trato afable. Está embarazada de varios meses e comentaba, medio en broma, medio en serio, que corría o risco de ser sancionada se alguén co que ten trato profesional se lle ocorre mandarlle unhas flores cando lle toque parir, como aconteceu no seu anterior parto. Sospeita que algún deses agasallos debía superar os 90 euros que fixa o manual de boas prácticas aprobado polo Consello da Xunta como tope para as chamadas “atencións enmarcadas nos usos habituais e costumes sociais”. Coincidíamos os tres en que a corrupción anda por outros barrios. De feito, na súa indignación, os sindicatos deixaron plantada á Xunta para analizar o “código ético”.

 

VERAMENTE CERTO

Te puede interesar