O inspirador de soños

Master Inspirer of Oxford Dreamers foi o recoñecemento que, en 1995, Diego Armando Maradona recibiu por iniciativa da proposta dos estudantes da L’Chaim Society da Universidade de Oxford. Abofé que non ían descamiñados, non.

Souben da morte do “futbolista máis grande da historia” -como o cualificou algún titular- estando na casa. O primeiro que fixen foi gozar por enésima vez daquela carreira de máis de cincuenta metros, co balón atado ao pé, sen que ninguén puidese paralo, que acabou no gol do século, como se deu en denominar. Marabillosos dez segundos!, que -xunto co gol da man de Deus- serviron para lle gañar a Inglaterra e poñer á Arxentina en disposición de gañar o mundial México 86. O segundo escoitar Manu Chao e Madjid Fahem interpretando “La vida tómbola” nunha rúa bonaerense con Diego de espectador: “Si yo fuese Maradona / viviría como él / ...”. Porque temos que coincidir no que deixou dito o Negro Fontanarrosa, o brillante debuxante e escritor arxentino: “No me importa lo que Maradona hizo con su vida, me importa lo que hizo con la mía”.

A min o seu xogo deume moitos momentos de desfrute total, de goce da vida. Foi na televisión, pois nun campo só o puiden ver unha vez co Sevilla, en Riazor, na temporada 92-93, cando xa non intimidaba como noutrora. Pero deixou algún detalle que non esquecín.

 

O inspirador de soños

Te puede interesar