A felicidade dos malvados

Se os avances tecnolóxicos serven só
para enriquecer ós magnates,
o resto dos cidadáns
seremos monicreques.

Loable sen dúbida, o labor dos voluntarios e as iniciativas de asociacións cidadás para paliar o grave problema da crise económica e o desmantelamento do Estado de Benestar.
Se neste país non houbera tantas ratas de sumidoiro que rouban e acaparan no buraco-búnker diñeiro de tódolos españois, a gran maioría honestos e traballadores, neste país non habería necesidade de limosna-caridade e poderíamos ser un pouco máis felices todos.
E serán felices eses que tanto teñen? “Lo dudo”, xa que ansían sempre máis. Lícito cando o alcanzan de xeito honesto.
Tratar de sermos felices, ou sermos, é o que a gran maioría dos humanos desexamos e só unha minoría alcanza.
Como dicía o dramaturgo francés Racine, “a felicidede dos malvados como un torrente pasa”, e a dos que teñen boa conciencia puidera durar toda a vida, eso xa o engado eu. Dicha no busques ansiosa; / nadie la dicha nos da: / la dicha es perla preciosa / que en el corazón reposa / del que buscándola va (Pedro Antonio de Alarcón).
A felicidade puidera ser, amar e compartir, gozar da vida, da natureza, da cultura, da familia, dos bos amigos. Din que o diñeiro axuda a sermos felices. Quen o dubida?
Din tamén algúns idealistas puritanos, quizais influenciados pola realidade que ven dentro da miseria, que hai persoas en países super pobres, excravizados, que “son felices” con pouco.
Se non tendo prácticamente onde caerse morto son felices, que tanto máis serían tendo como mínimo para vivir dignamente, como seres humanos que son, pero que os poderosos e os gobernos sen escrúpulos –que non son felices con tanto egoísmo que lles roe os adentros– tratan peor que a criminais.
Se houbera leis igualitarias, políticos honestos e dialogantes, dignidade e respecto polo pobo. Se non houbera guerras para que non haxa guerras (que paradoxo!!). Se non houbera tanto fanatismo político-relixioso, nin tanto achego a termos moito máis do que precisamos.
E chulean de palacios, mansións, iates, criados para todo, “amigos” comprados. Se os que en actos mesquinos, corrupción, estafa, roubo á calada, ou descaradamente amasando inmensas fortunas meditaran tan só un par de minutos ao día, de seguro se decatarían que por moita riqueza que teñan morrerán de morte morrida, como todo ser vivente, sen que tódolos poderes humanos e inhumanos do Mundo poidan evitalo.
Loable o labor das ONG, dos cooperantes e voluntarios, das asociacións cidadás de axuda ao necesitado. Necesitados que na gran maioría dos casos foron expremidos ata a última gota de sangue, tantas veces en complicidade de gobernos e oposición. Tantas!!
Aínda que non só son culpables os gobernantes. É tamén o pobo quen temos que defender os nosos intereses, xa que polo que vemos e apalpamos poucas veces son os gobernantes –que ofrecen e non cumplen– os que nos defenden.
Eles que se equivocan e case que nunca rectifican, tal se foran prepotentes deuses do poder. Eles, elas, moitos, dende os seus escaños só defenden seus propios intereses, ben apoltronados se puideran ata a xubilación.
Aquel día en que o pobo deixe de movilizarse a clase traballadora camiñaremos perdidos por un deserto, sen oasis e sen dignidade. Feitos po. U-los barcos. U-las promesas.  Seguen a insistir que hai que apretar o cinto. “Non hai diñeiro”, pero nunca nos aclaran onde foi parar. Mala xestión política, malversación de fondos públicos, roubo, corrupción.
Pero, para que está a Fábrica de Moeda? Fabriquen dabondo e cando cada español teña un millón de euros, paren, non nos malcríen incitándonos ao vicio.
No xardín do camposanto a Lúa tanxe violas. Nos campanarios do ceo xemen estrelas fantasmas. Ao mesmo tempo, lonxe da bocarría óense cantos de sereas. Díxome un paxaro raro que aló para maio, en Ferrol volverá lucir o Sol.

 

A felicidade dos malvados

Te puede interesar