Vivan “Las Caenas”!

Este bonito berro –acompañado dalgunha xoia parecida como “Viva o rei absoluto” ou, manda truco, “Morra a libertade”– usouse moito na España decimonónica cando os regresos ó poder de Fernando VII: un Borbón en toda a regra. De aí a hoxe, case douscentos anos andados, a nosa sociedade, mal que ben, mellor ou peor, soubo evolucionar –sempre con Borbóns presentes,  porque a Juan Carlos I non o puxo aí nin o pobo español, nin a Constitución, nin ningunha outra persoa ou lexislación que non fose Francisco Franco, un cruento ditador–, dentro dunha orde, ata algo que quixo semellar unha avanzada democracia. Pasaron non moitos anos e todo aquilo, que se vendía como o novo edén ou paraíso dos deuses, empezou a derivar cara a unha serie de promesas incumpridas, nunhas actuacións sempre transitorias –por suposto a curto prazo– que ían ser compensadas ás primeiras de cambio, porque todo ía mudar para ben. Esta leria que vendía o PSOE segue a vendela o PP. Despois de tanto engano, de parvos sería caer no recambio. Mais...!

 

Vivan “Las Caenas”!

Te puede interesar