Xuventude

Teño un entrañable amigo que é un defensor das alternativas que ofrece a xuventude diante da vellez . Enfronte tenme a min que coma puido empéñome en defender a condición diso que, con certo eufemismo, chamamos terceira idade –quizais sexa porque xa formo parte dela–. E acubillo os meus argumentos en base á bagaxe que unha persoa “madura” ten sobre unha “verde” que aínda non tivo tempo a almacenar e reciclar a precisa experiencia vital  para ter unha visión clara da realidade coma a que ten alguén bragado da dura tarefa de enfrontarse á vida en todos os seus rexistros.
Dende que o mundo e mundo a xente nova xogou un papel moi importante en certas facetas da vidabaseadas neste requisito. A preparación física resulta fundamental para exercer  actividades que están postergadas á xente de máis  idade, pero épreciso a maior ensamblaxe entre estas dúas condicións para establecer o equilibrio necesario nestapelícula chamada vida na que non podemos rebobinar a cinta e repetir.
Queirámolo ou non xuventude e vellez están abocadas a vivir na mellor harmonía posíbel. Atopámonos na teoría da dualidade: non hai ben sen mal, non hai luz sen escuridade e non hai vellez sen xuventude. Novos e maiores téñense que complementar da mellor maneira e fuxir da idea de xuventude versus vellez.
Estes días chamoume a atención unha nova que se refería ao nomeamento como ministro de exteriores nun país europeo (Austria) dun rapaz de 27 anos. Había pouco que se presentara a unhas elección municipais facendo campañasubido a un “jeep” de cor negro acompañado dun grupo de rapazas en bikini. O mesmo resulta un bo ministro, tal e coma está agora o listón, pero eu non estaría moi tranquilo co seu traballo a non ser que estea acompañado na súa función dalgún conselleiro de máis idade e xa que logo de máishábito nestas lides.A experiencia necesaria non se aprende nos libros: é precisa unha traxectoria, un longo percorrido polas intricadasvereas da vida. Un non chega a “Premio Nobel” aos trinta anos e por algo será: hai que lle dar tempo ao tempo.
É verdade que na medida en que un vaise poñendo vello vanse perdendo certas facultades, pero non é menos certo que a vellez dáche certa autoridade en cousas  que aínda están vedadas para a xente nova. Os novos aprenden dos vellos ; uns poñen as facultades e os outros a sabedoría. Non habería posibilidade de progresión se aqueles careceran das ensinanzas destes. É lei de vida e así temos que tomalo: apreciando a evolución dos novos e recoñecendo a achega dos maiores aos que moitas veces abandonamos a súa sorte dicindo que están acabados. En certos aspectos un acaba cando desaparece, cando morre, como acabaron por exemplo  os dous “pablos”:PabloPicasso na arte plástica e Pau Casals  na música.
Que lle hai que dar porta aberta á xente nova? Si, pero sen pechárllela a aqueles que  deixaron e deixan pegada nas súas actividades, dende o traballador manual aos que andan polas artes creativas, pensamento, deportes e empresas.
O meu amigo e mais eu as veces debatemos sobre isto sen outro propósito que a conversa en si mesma, pero nos nosos postulados non estamos facendo outra cousa que axuntar as dúas propostas:o necesario achegamento entre a xuventude a e a mal chamada“terceira idade”.

Xuventude

Te puede interesar