O pinchazo

O peor que se pode ter en política é sufrir o síndrome do power point. Unha enfermidade de tipo compulsiva que obriga a que cada día presentes unha nova con que abordar (de abordaxe) os medios de comunicación, neste caso locais. 

É imposible ocupar cada día, así até cen, con novas os mass media, e máis se antes hai outras eleccións como as xerais.

Por iso, sabíamos que a campaña da municipais da dereita ferrolá ía abocada a un enorme pinchazo, e así acaba de producirse, e tal como pasa nestes tempos modernos, por culpa dun simple “post” nas redes sociais. Esta vez grazas á concelleira de urbanismo, María Fernández Lemos. Unha simple relación dos proxectos propios -incluso da etapa do alcalde Vicente Irisarri- “copiados”, deixan fóra de xogo á dereita. 

E aínda quedan oitenta días para posibles novas sorpresas. Son os tempos dos “fake news” do Casado de quenda, guillotinados polas hemerotecas.

O pinchazo

Te puede interesar