3, 2, 1...

Apáganse as luces. Silencio difícil, moitas nenas e nenos nerviosos. Comeza a ocorrer. Ruído de motores e un foguete que sube.
Navega polo espazo e acaba chegando ao descoñecido. As primeiras sorpresas: estrañas plantas de cores e que nese mundo tamén hai aire fresco para respirar. Un pícnic no espazo exterior. Un bocata de chourizo e unha teteira, con café ou con té? Vaia vostede a saber.
Vai explorar, mentres unha nova nave aterra, e con ela unha extraterrestre de cor verde, que tamén pensa que está soa alí. Mais, vanse atopar. Recoñécense, danse conta que inimigos non son. Achegamento. Son diferentes, pero non tan distintos. Ai! Houston ataca de novo... deben volver... case un triste final, máis non. Deciden que non. Vanse tomar un tempo, para seguir a coñecerse e coñecer aquel novo mundo. Non lles fai falta máis. Fin do conto. Parabéns Ghazafelhos.

3, 2, 1...

Te puede interesar