“Politiquilla”

CCada día son máis os analistas políticos que comparan as sesións parlamentarias con liortas de taberna, mentres os cidadáns asistimos, atónitos, a ámbolos dous espectáculos: Por unha banda a actitude agresiva e falta de calidade política dos nosos representantes, raiana na chulería e na mala educación; pola outra, as diferentes versións que desde os ámbitos informativos nos ofrecen analistas supostamente coñecedores do que debería ser a política con maiúsculas. Sorprende ler e escoitar dun xeito insistente, o intento do actual presidente do Goberno, “por manterse no poder a toda costa”. E sorprende, porque esa é a aspiración de todo político de alto nivel, calquera que sexa a súa ideoloxía e o seu partido político; e, porque ata os menos entendidos, sabemos que, os obxectivos de todos os partidos son: primeiro, a propia supervivencia; e segundo, alcanzar o poder e manterse nel. Esa é a “politiquilla” partidaria. Non si? E xa que logo, por que non o Sr. Sánchez e o PSOE? 

“Politiquilla”

Te puede interesar