Non se trata de ser máis “españolistas que España”, aínda que haxa xente que pense que, a os españois se nos quere humillar. Pero xa non se trata de chamarnos “inferiores” ou dicir que “Europa remata nos Pirineos”, senón que semella que a xustiza e as leis do Estado están a ser cuestionadas e mesmo desautorizadas desde os estamentos europeos. Coido que non se trata de humillación, senón do diferente xeito de entender a Xustiza, a Democracia e o respecto que se debe á idiosincrasia de cada país. E por iso, algúns non acreditamos nunha Europa (ou unha Cataluña) feita a medida duns poucos, que tratan aos demais como comparsas, para xustificar a necesidade de aumentar o seu poder no mundo, mentres “os inferiores” deben renunciar a unha parte das súas prerrogativas ou feitos diferenciais. E resulta que en Europa non atopan delito nos individuos que os xuíces españois reclaman como delincuentes. Pero non é humillación. É simplemente unha trapallada máis. Penso eu, claro.