MAHOMA

Sen querer discutir a intelixencia deste grande Profeta nin a súa ideoloxía, véuseme aos miolos unha frase a el atribuída, que me parece dunha grande importancia, saíndo de quen se consideraba elixido de Deus: “Se a montaña non ven a Mahoma, Mahoma irá á montaña”. Coido que é algo así o que din que dixo e que debería facer matinar a máis dun político dos que se cren “iluminados” e pensan que están na posesión “da verdade, de toda a verdade e de nada máis que a verdade”. Sería bo que aplicasen a idea de Mahoma e dixesen: “se o pobo non ven a nós, nós iremos onda o pobo”. E iso significa ir co pobo onde o pobo vaia, sen pedir a cambio obediencia e submisión a aqueles que decidan incluírse na súa andaina. Porque se somos arrieiros, no camiño teremos de encontrármonos, non para pelexar, senón para andar xuntos o camiño e “facer camiño ao andar”. Por certo que, unha vez máis, pregúntome quen son eu para dar ideas. Mais esta vez, a idea é de Mahoma. Segundo se di, claro.

 

MAHOMA

Te puede interesar