CAVERNÍCOLAS?

A que se armou en Jumilla pola decisión que tomou o concelleiro de festas da localidade, do PP, de disfrazarse de virxe en procesión, disfrazo orixinal e ben traballado, por certo. Voces do clero local consideraron que se tratou dunha irreverencia e dunha falta de respecto á igrexa. Argumentando que coa virxe non se fan bromas, por moito que sexa carnaval, solicitaron a dimisión ou cese do edil. Un párroco chegou a dicir: “Exijo el cese del concejal por lo ocurrido, si no es así queda retratado el concejal y el alcalde”. O edil pediu perdón por se alguén se considerase ofendido, porque non fora esa a súa intención e o alcalde decidiu, onte mesmo, ratificar o concelleiro no seu cargo, aínda que recoñecendo que cometera un erro. Na rede hai infinidade de anuncios nos que se ofrecen disfraces de virxe para nenas e nunca ninguén puxo o grito no ceo; que saibamos. Hai uns días, o ministro do Interior decidiu conceder a “Medalla de Oro al Mérito Policial con carácter honorífico a María Santísima del Amor” e tampouco, que se saiba, pasou nada. Xa que logo?

 

CAVERNÍCOLAS?

Te puede interesar