Sen cuartel

Por fin o presidente sr. Rajoy fai un acto de valentía e decláralle a guerra sen cuartel ao paro. Certo que tardou case catro anos en atreverse, mais agora se lanza disposto a todo. Seguro que a partir de agora mesmo, o paro estará tremendo de medo, asustado polo que se lle ven enriba. Esta declaración de guerra márcalles o camiño aos que queren traballar e non teñen traballo, é dicir, que deben declararlle a guerra ao paro, como fai o presidente, que se ve que non quere quedar sen emprego e, ademais, cambiando a actual lei electoral, trata de asegurarlles o choio aos seus amigos colocados nos concellos. A solución pois está no cambio. O difícil da cuestión é que cada quen faga  a guerra pola súa conta, porque entonces o resultado non vai ser moi prometedor. Mais se os seis millóns que non teñen traballo consiguen porse de acordo, outro galo cantaría. Poderían cambiar de país e marchar todos cara a Alemania, ou Suiza ou... Pero quen son eu para dar ideas? 

Sen cuartel

Te puede interesar