2014

|

Terrible este 2013. Un ano de recortes en dereitos laborais este 2013. Un ano sen traballo para un amplo sector da poboación este 2013. Un ano demoledor para a construción naval este 2013. Un ano contra a participación cidadá en Ferrol este 2013. Un ano onde moitos se quedaron sen fogar este 2013. Un ano onde se eliminaron boa parte das liberdades adquiridas polas mulleres tras unha longa loita este 2013. Un ano vivido por moitos dos nosos nenos na pobreza este 2013. Un ano onde moitos dos que chegaron de fóra tratando de atopar un futuro mellor atópanse máis lonxe dos seus soños este 2013. Un ano onde o ministro do ramo pretende esnaquizar o sistema educativo público este 2013. Un ano onde os traballadores da sanidade defenden o que é un dereito fundamental para a nosa sociedade este 2013. Un ano sen solución para a nosa ría este 2013. Un ano… este 2013. Gocen hoxe, mañá empezaremos a pelexar o 2014, sorte e forza.

 

2014