Unanimidade

Seica no Parlamento só hai unanimidade nunha cousa: Unhas novas eleccións terían un custo insoportable para o Estado e, ademais, non resolverían o problema, pois o resultado sería case o mesmo. Xa que logo, chegar a ese extremo debería ter tamén un custo para os protagonistas da desfeita.  Explícome: Se os candidatos non son quen de convencer aos rivais, se os deputados non son quen de acadar unha solución nun tempo inferior a dous meses e hai que convocar novas eleccións, todas as súas señorías, candidatos e deputados, deberían quedar invalidadas durante 8 anos para presentarse ás eleccións xerais. Porque quedaría demostrado que non serven para facer aquilo para o que foron elixidos. Quizais así aprenderían algo máis sobre a democracia e o xeito de facer política. E se lles daría oportunidade a outras persoas cun maior sentido da responsabilidade. Xa está este coas súas ideas! Pensarán algúns. Si, pero tranquilos. Xa sabedes que nunca se poñen en práctica! 
 

Unanimidade

Te puede interesar