Teorizando

|

Vivimos nun momento histórico onde a clase traballadora nunca estivo tan abandonada a súa sorte, nin tan machacada polo poder. Desde a caída do marxismo, coa traizón de Gorbachov e Yeltsin (cabe recordar que na vella URSS houbo un referéndum antes da caída do bloque do este, onde participou o 98% da poboación e ante a pregunta, de se querían que continuase o marxismo, a resposta foi que si en mais do 95%) a clase traballadora non parou de perder dereitos paulatinamente. Incluso o papa Francisco fai nada, acaba de dicir, que xa non somos traballadores precarios senón que somos traballadores explotados. E isto parece que non vai parar xa que, cada vez esta a ir a peor. É a pura lóxica do capitalismo e todo o que nos rodea traballa pra este fin. Empezando polo mal chamado sistema educativo, que non fai outra cousa que transmitir datos(educar máis ben pouco) entre xeracións, co único fin de crear traballadoras-es submisas-os, leais e contentas-os co medio e onde o pensamento crítico, algo moi necesario pra tumbar dogmas e dar solucións nos diferentes eidos da vida aos problemas que xurden está anulado, xunto co de educar é dicir, desenvolver na súa máxima expresión seres humanos en definitiva, persoas, deixase o peso disto as familias co cal, un se pregunta: e quen educa as familias?. Porque unha parte importante destas familias ademais de non saber, de estar preocupadas por chegar a fin de mes ou de non poder durmir pola angustia a perder o traballo xa que unha xa sabe, que cando pasas dos corenta xa non contas ou contas moi pouco pra metedoloxía capitalista, por non falar das familias destructuradas por diferentes motivos que si non se actúa sobre as fillas-os, posibelmente eles tamén formaran familias destructuradas, quen as educa? volvo a repetir. Porque ha un dato que di moito do que esta a pasar; o consumo de ansiolíticos, tranquilizantes e somníferos creceu nun 60% desde as derradeiras crises. Crise como esta última, onde o poder xa nos deixou claro que non vai facer nada a excepción de, traspasar os recursos que lle corresponde a clase traballadora, transferilos como digo, a ese 1% de xente que na súa maioría non coñecemos e que polo que podemos ver manda no mundo. Dixeron nos lo ben claro: A solución esta en emprender. É dicir: buscarvos a vida. E non quero dicir con isto que estou en contra de emprender, algo que é moi necesario pra que o mundo avance, máis calquera pode darse conta de que non todos podemos ser emprendedoras-es.
Igualiño igualiño ao que estamos a pasar as galegas-os os cales, levamos décadas abandonados a nosa sorte polo poder central e a complicidade dos governos do PP na Xunta de Galiza, mentres os nosos recursos se transfiren ao centro do estado, deixando alí pingues beneficios. Contaba me unha vez un galego maior, falando sobre o can de palleiro, que cando as galegas-os fomos a Catalunya atopamos os mastíns e os trouxemos pra Galiza porque eran mellores cans que o noso. Despois cando fomos a Europa atopamos os cans pastores (belga, alemán...) e tamén os trouxemos porque eran tamén mellores cans que o noso can de palleiro e asi ata chegar a un momento na historia, onde estivemos a punto de perder o Palleiro; can autóctono e que nos derradeiros anos estase a demostrar que ningún can funciona tan ben co tema do gando como funciona el. Algo que saben moi ben nos países de Europa do este, América do Sur e nos EUA. E esta historia que este vello contou me, podía traspasarse a outros moitos campos onde nos, as galegas-os emanamos un auto-odio cara o noso, froito de cincocentos anos de sometemento e sobre todo os cincuenta anos do franquismo, onde se anulou a maioría das xentes do noso povo con capacidade crítica e crenza no país, quer asesinándoas impunemente quer coa saída forzosa pra o exilio senón querían acabar nunha cuneta. E as poucas-os que quedaron ,non lles quedou outra que calar, senón querían correr a mesma sorte elas e as súas familias.
Máis isto que contei é o primeiro chanzo na nosa psicologización o cal nos leva, a que a maioría das galegas-os, sendo coñecedores dos problemas que arrastra o noso país, a gran maioría repito, seguen a crer que os problemas, os cales xa veñen de lonxe, son por culpa nosa e as súas solucións, viran de xentes de fora, sen darnos de conta, que os problemas que ten Galiza no son por culpa nosa, senón que son por culpa desas xentes de fora os cales, so ven o noso país como un gran terra que explotar, sen importarlle o máis mínimo, os custes que iso poida ter.
Porque a solución como di Montse Prado deputada do BNG no parlamento galego “o nos auto-organizamos como povo nos diferentes eidos da vida o nos anulan de todo”. Porque será soamente coa auto-organización das nosas xentes, será repito, o único xeito de que algún día Galiza poderá desenvolver as súas capacidades, as cales non so poucas, plenamente e que os beneficios destas recaian verdadeiramente nas galegas-os, creando riqueza e prosperidade.
Xa pra rematar Galiza foi o primeiro estado na Europa; o chamado reino suevo de Galiza con reis e leis mentres, noutras latitudes, os cales non paran de presumir de unha historia incríbel, intragábel e insufríbel aínda andaban subidos aos árbores. Isto é algo que os galegos debemos ter en conta, xa que, é fulcral coñecer, entender e saber analizar o noso pasado, pra poder entender o presente e aspirar a ter un próspero e digno futuro. 
 

Teorizando