O blues do PP ferrolán

blues, como saben, é unha melodía triste e melancólica que ten como eixo – normalmente -  os propios problemas. E nestes días estraños que nos toca vivir, a dereita ferrolá ten o seu, porque mira que é difícil facer oposición cando a pandemia cambiou as nosas prioridades.
Así que acusar ao alcalde Ángel Mato por manter a programación deste “simulacro” de festas de Ferrol e facelo responsable da loita contra o Covid-19, é o estribillo dese blues melancólico que nin lles serve para ocultar que é o propio PP e o presidente da Xunta de Galicia quen deben poñerse á fronte do problema.
Neste tempos, guste ou non lle guste ao conxunto da oposición municipal, a mellor oposición, valga a redundancia, e a colaboración co propio goberno local. Teñen - primeiro, como é obvio, o grupo socialista pero tamén o conxunto dos grupos municipais - unha débeda coa cidadanía: chegar a un acordo de orzamentos por Ferrol.

O blues do PP ferrolán

Te puede interesar