POTENCIAL

|

O  estudo da Fundación Boffil “O potencial das familias para cambiar as escolas” é o resultado dunha enquisa a 1.228 Anpas e 1.508 directores de centros de educación obligatoria. A investigación aporta por primeira vez datos sistémicos e rigurosos sobre as actividades das anpas da escola pública e concertada de primaria e secundaria. A información obtida responde a preguntas como: cantas familias movilizan as anpas? Que aportación fan as Anpas ós centros educativos? E ás familias? Que fan e que poderían facer? É certo que os equipos directivos teñen relacións conflictivas coas anpas? Que valoración fan os equipos directivos da participación das familias?
As conclusións desminten algúns tópicos sobre a debilidade das Anpas e poñen de manifesto a distancia entre o pouco recoñecemento público que reciben e a aportación real e o potencial de intervención das Anpas no sistema educativo.

 

POTENCIAL