A LÓXICA

Segundo o diccionario, a Lóxica é a ciencia que estuda as normas da verdade e a maneira de razoar. Xa que logo, diríase que a conduta dos partidos políticos obedece á lóxica, por estar dentro do seu particular xeito de razoar. O PP agárrase como a un cravo ardendo a unhas novas eleccións que, aínda sabendo que non ían cambiar moito os resultados, permitiríanlle seguir coa súa estratexia renarte para manterse indefinidamente como goberno en funcións. O PSOE tenta acadar acordos que parecen imposibles polos intereses partidistas para formar un goberno que lle permita rexurdir e sacar ao país do estancamento. Cidadáns, argallando coalicións impensables, xogando coa necesidade de contar co PP para gobernar, mais cun goberno que só beneficiaría aos de sempre. Os de Podemos, querendo coller o mango da tixola e a tixola tamén. E os partidos pequenos, agás algún que tenta impoñer un pouco de sentido común, tamén ao seu, é dicir, canto peor, mellor. Lóxico, non si?
 

A LÓXICA

Te puede interesar