Fun, durante algúns momentos da miña xa longa vida, aprendiz de zapateiro –algo que non se me daba nada, nadiña ben–, xardiñeiro –moito mellor–, pintor de paleta e paletiña, carpinteiro algunhas veces, montador en Astano para as auxiliares e pode que algo máis do que xa non me lembro, o cal quer dicir que tal vez non tivo moita importancia. O que si a ten é o da educación, aínda que do meu pai aprendín que aquelo de ter título universitario pode dar estudos pero non supor que se teña o que se podería decir “respeto”, xa saben, dese que vale de verdade para ir polo mundo e tratar de ser sempre unha persoa de ben. O pouco que sei aprendino pola miña conta, aínda que teño que confesar que isto de escribir en galego non é precisamente o meu forte. Digo isto porque gazapos sei que meto dabondo. Imos, que falo e escribo máis en castrapo que en galego, pero alguén díxome –e sei que tiña razón– que o caso é falalo e escribilo. Precisamente hoxe, pido desculpas...