Quen dixo medo?

Penso que unha situación como a actual non convida, precisamente, á tranquilidade, mais entendo tamén que cadaquén, individualmente, debería -se é que a estas alturas non o fixo xa- analizar o máis friamente posible o estado das cousas e, a partir de aí, obrar en consecuencia. Iso si, sen incumprir as directrices marcadas polas autoridades, neste caso sanitarias. Porque creo que todo o mundo sabe de persoas totalmente paralizadas, ou case, polo temor ao que lles poida pasar e non fan cousas que me parece que lles virían moi ben para distraer a mente e esquecerse temporalmente dos males que nos acompañan.

Isto non é, desde logo xogo de ningún tipo -se o for, sería, necesariamente, macabro-, se ben, como acontece nos xogos, hai un compoñente de sorte que fai que non sempre vaia gañar o que máis rifas ten para facelo. Parece claro que se nos illamos imos ter menos posibilidades de contaxio, mais un illamento excesivo e/ou obsesivo pode crearnos outro tipo de problemas. Desde logo que hai perigo real de contaxiarse e de enfermar, mesmo coa gravidade suficiente como para acabar morrendo, mais iso non significa que haxa que estar permanente angustiado. Prudencia, toda. Medo, a ser posible ningún. E man dura con inconscientes e irresponsables.

Quen dixo medo?

Te puede interesar