Sempre menos

Orzamentos de mentira e pensións rebaixadas é o que presenta o goberno Rajoy e aplaude cómplice Feijóo. Falan de recuperación cando en troques o que hai son novos recortes en educación, sanidade, investigación, investimentos… e pensións, onde o Goberno vai roubarnos nos próximos anos uns 33.000 millóns de euros. Pobreza, paro e pesimismo retratan mellor a realidade do que nos queren impor para 2014 os goberniños obedientes á troika do PP. Ferrol volve sufrir o abandono do PP: nada hai para construír o dique flotante, seguen os despedimentos e todo son mentiras e incertidumes cos floteis; no 2014 tampouco haberá accesos ferroviarios ao eixe atlántico nin tren de cercanías; esfúmase a anunciada partida para o colector xeral no saneamento; tampouco  haberá para comunicar o porto exterior por tren; en resumo  menos cartos públicos, máis retrasos e moitas mentiras retratan o proxecto de orzamentos do PP. A loita segue porque só ela pode cambiar a vida da xente traballadora para mellor.

 

Sempre menos

Te puede interesar