Pluralidade

Seica a pluralidade está a ser indicada como a causante da ingobernabilidade dos concellos, nos que os gobernos están formados por persoas de diferentes partidos políticos. Mais eu coido que, as dificultades non son consecuencia da diferenza de ideoloxías, senón, da elección das persoas dentro de cada partido. Porque cando se trata de ideoloxías afines, o que debe haber é unha boa dose de tolerancia, de capacidade de diálogo, de gañas de entenderse e de renuncia a parte dos propios principios, en beneficio de todos os cidadáns. Por iso, cando se escolle a un líder, hai que valorar esas cualidades, se o que se pretende é poder gobernar con posibilidades de chegar ao final do mandato, traballando unidos polo ben do pobo. Un dirixente sempre disposto a escoitar aos seus socios de goberno, aos veciños e mesmo á oposición, é garantía de boa xestión. Pola contra, a soberbia e a falta de “cultura de pactos”, é o anuncio dunha oportunidade perdida. Digo eu, claro.    
 

Pluralidade

Te puede interesar